O noso departamento de Transporte e mantemento de vehículos ven de presentar, ante o seu alumnado, un novo equipo ADAS, en concreto o MaxiSYS IA900WA. O uso desde equipamento está enmarcado dentro do seu Proxecto de formación para profesorado de FP para o curso 2022-2023 de Sistemas avanzados de asistencia á condución (50h). Neste acto de presentación, explicouse o seu funcionamento e déronse as nocións básicas para a súa instalación e posterior utilización.
Vídeo resumo de todo o proceso: https://www.youtube.com/shorts/HRpRUbXihbc
Os sistemas ADAS (Advanced Driver Assistance Systems) ou sistemas avanzados de seguridade na condución, son: radares, sensores e cámaras, que se incorporan en cada vez máis vehículos para garantir a seguridade activa e o confort na condución. Estes elementos deben ser recalibrados en caso de substitución, pero tamén, cando sexa necesario realizar certas intervencións que os involucren, como: substitución de parabrisas e parachoques, reparación de suspensións, aliñación de rodas, etc.
Agradecementos a Autel Ibérica, Recambios Frain e Grupo Ditram pola súa colaboración nesta actividade.