IES Lois Peña Novo – Vilalba

Novas do centro
CHARLA SOBRE EDUCACIÓN CÍVICO-TRIBUTARIA
O 12 de novembro de 2026, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas asistiu na aula 6 a unha charla sobre educación cívico-tributaria. Durante a sesión abordouse a importancia dos impostos no financiamento dos servizos públicos, a...
VISITA Á FEIRA METALMADRID 2026
Do 4 ao 6 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial realizou unha saída a Madrid que incluíu a visita á feira MetalMadrid 2026, celebrada no recinto feiral de IFEMA. Durante a visita, o alumnado puido coñecer as últimas...
PARTICIPACIÓN NO VI ENCONTRO CIBER.GAL 2026
O 5 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) participou de forma telemática no VI Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, seguindo as xornadas desde a biblioteca do noso centro. O...
FORMACIÓN SOBRE O PLAN DE AUTOPROTECCIÓN
O 4 de novembro de 2026, o profesorado e o persoal non docente do IES Lois Peña Novo participaron nunha sesión formativa sobre o Plan de Autoprotección do centro, impartida polo bombeiro Jesús Valencia. O Plan de Autoprotección é o documento que recolle os posibles...
ERASMUS +. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PARTICIPANTES
Ábrese o procedemento de selección de participantes para as mobilidades do programa Erasmus+ correspondentes ao curso 2026/2027, no marco dos proxectos KA121-VET e KA131-HED do noso centro. Esta convocatoria ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar unha...
🌰 MAGOSTO E SAMAÍN 🎃
O venres 30 de outubro celebramos no IES Lois Peña Novo o tradicional Magosto e Samaín, con diferentes actividades nas que participou o alumnado do centro. Na biblioteca preparamos «O recuncho do medo galego», un percorrido dedicado ás lendas e aos seres da nosa...
ACORDO DE COLABORACIÓN CON INDRA GROUP
O 28 de outubro de 2026, o IES Lois Peña Novo asinou un acordo de colaboración con Indra Group para que o noso alumnado de Formación Profesional poida realizar a súa formación en empresa na nova factoría das Pontes. A planta, dedicada á fabricación e integración de...
PRIMEIRO ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA EN INGLÉS
O martes 27 de outubro de 2026 celebramos na biblioteca do IES Lois Peña Novo a primeira reunión do Club de Lectura en Inglés deste curso. Nesta primeira sesión compartimos a lectura de The Landlady, un conto de Roald Dahl, e conversamos en inglés sobre a historia, os...




