Saltar ao contido

CASTELÁN E GALEGO

Ensinanzas non regradas

No noso centro ofértanse cursos de castelán e galego para persoas inmigrantes, como ensinanza non regrada. O seu obxectivo é favorecer a integración lingüística e social de persoas estranxeiras.

A programación destas ensinanzas baséase nos niveis e criterios do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e orienta a aprendizaxe cara ao desenvolvemento das competencias comunicativas básicas necesarias para a vida cotiá, académica e laboral.

Recordamos que a matrícula nas ensinanzas non regradas de Castelán e galego para persoas inmigrantes será por cada curso académico. Non hai reserva de praza dun curso para outro.

A asistencia ás clases lectivas é obrigatoria, o alumnado que non asista ao 70% das sesión lectivas dun mes ou teña 6 días consecutivos de faltas sen causa xustificada, causará baixa de matrícula.

Todo o alumnado que acade unha asistencia mínima ao 80% das sesión lectivas obterá un certificado de aproveitamento da ensinanza non regrada de Castelán para persoas inmigrantes