Select Page

Todo o que queres saber sobre o CUALE

Que é o CUALE?

O programa CUALE (Cursos para a Formación Complementaria da Aprendizaxe de Linguas Estranxeiras) consiste nun curso no que se prepara ao alumno para a realización das probas de certificación da Escola Oficial de Idiomas de maneira totalmente gratuíta.

Que CUALE impartimos no IES Lois Peña Novo?

No noso centro impartimos o CUALE de preparación para as probas de certificación do nivel B1 de Inglés na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Vantaxes do CUALE

  • É unha formación para preparar os exames de nivel B1 de inglés da EOI, totalmente gratuíta, e impartida por unha profesora con anos de experiencia na preparación deste tipo de probas.
  • Ao estar inscrito neste programa ademáis da convocatoria ordinaria do mes de xuño, o alumno/a CUALE ten a maiores a convocatoria extraordinaria en setembro, onde se lle conservan as partes aprobadas na convocatoria de xuño.
  • O alumno/a participante no programa CUALE non ten que pagar as taxas de inscripción nin de matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Lugo.
  • O alumno/a que asista ás aulas do programa CUALE practicará e mellorará de maneira considerable a súa expresión e comprensión oral na lingua inglesa, practicando con materiais reais, simulando situacións comunicativas reais e afacéndose a escoitar diferentes acentos en lingua inglesa.

Quen se pode matricular no noso programa CUALE?

O programa de preparación que se ofrece no IES Lois Peña Novo vai dirixido ao alumnado que estea matriculado en calquera das seguintes ensinanzas: 1º ou 2º de Bacharelato, 1º ou 2º curso dun Ciclo Formativo de Grao Superior ou 1º ou 2º curso dun Ciclo Formativo de Grao Medio.

Tamén se pode matricular o alumnado de calquera centro público que posúa o certificado do nivel básico de Inglés das Escolas Oficiais de Idiomas ou outros certificados de nivel A2 de Inglés expedidos por entidades de recoñecido prestixio.

Cando e onde inscribirse?

É necesario preinscribirse en maio cubrindo o formulario de preinscrición e entregalo na Secretaría do centro. Posteriormente, en setembro farase a matrícula.

PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á DOCUMENTACIÓN