Nov 13, 2026 | Charlas, Curso 26-27, Dpto. Administración
O 12 de novembro de 2026, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas asistiu na aula 6 a unha charla sobre educación cívico-tributaria. Durante a sesión abordouse a importancia dos impostos no financiamento dos servizos públicos, a...
Nov 10, 2026 | Curso 26-27, Dpto. Instalación e Mantemento, Viaxes
Do 4 ao 6 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial realizou unha saída a Madrid que incluíu a visita á feira MetalMadrid 2026, celebrada no recinto feiral de IFEMA. Durante a visita, o alumnado puido coñecer as últimas...
Nov 5, 2026 | Charlas, Curso 26-27, Dpto. Informática
O 5 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) participou de forma telemática no VI Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, seguindo as xornadas desde a biblioteca do noso centro. O...
Nov 5, 2026 | Charlas, Curso 26-27, PND, Profesorado
O 4 de novembro de 2026, o profesorado e o persoal non docente do IES Lois Peña Novo participaron nunha sesión formativa sobre o Plan de Autoprotección do centro, impartida polo bombeiro Jesús Valencia. O Plan de Autoprotección é o documento que recolle os posibles...
Nov 3, 2026 | Curso 26-27, Erasmus+
Ábrese o procedemento de selección de participantes para as mobilidades do programa Erasmus+ correspondentes ao curso 2026/2027, no marco dos proxectos KA121-VET e KA131-HED do noso centro. Esta convocatoria ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar unha...
Out 30, 2026 | Actividades, Curso 26-27
O venres 30 de outubro celebramos no IES Lois Peña Novo o tradicional Magosto e Samaín, con diferentes actividades nas que participou o alumnado do centro. Na biblioteca preparamos «O recuncho do medo galego», un percorrido dedicado ás lendas e aos seres da nosa...
Out 29, 2026 | Curso 26-27
O 28 de outubro de 2026, o IES Lois Peña Novo asinou un acordo de colaboración con Indra Group para que o noso alumnado de Formación Profesional poida realizar a súa formación en empresa na nova factoría das Pontes. A planta, dedicada á fabricación e integración de...
Out 28, 2026 | Actividades, Bacharelato, Biblioteca, Curso 26-27, Dpto. Inglés, ESPA
O martes 27 de outubro de 2026 celebramos na biblioteca do IES Lois Peña Novo a primeira reunión do Club de Lectura en Inglés deste curso. Nesta primeira sesión compartimos a lectura de The Landlady, un conto de Roald Dahl, e conversamos en inglés sobre a historia, os...
Out 27, 2026 | Curso 26-27, Dpto. SSC, Visitas
O 26 de outubro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizou unha visita á sede da Cruz Vermella e ao centro de día Recréate, na Coruña. Na primeira parte da xornada, as nosas alumnas coñeceron o...
Out 21, 2026 | Consello Escolar
O IES Lois Peña Novo renova este curso parte do seu Consello Escolar. As votacións serán o 24 de novembro, e as familias poderán votar tamén a través de Abalar do 11 ao 17 de novembro. A Xunta Electoral do IES Lois Peña Novo convocou as eleccións para renovar os...
Out 7, 2026 | Curso 26-27, Inicio Curso
O IES Lois Peña Novo presenta os grupos para o ensino non regrado de castelán e galego para persoas inmigrantes. As persoas admitidas serán informadas a través do contacto facilitado na folla de solicitude de matrícula e deberán achegar a documentación requirida no...
Out 7, 2026 | CUALE, Curso 26-27
O luns 5 de outubro comezaron as clases do Programa CUALE 2026/27 no IES Lois Peña Novo. Os horarios e aulas son os seguintes: B1 Luns de 18:45 a 19:30 h. Xoves de 18:00 a 19:30 h. Aula 6. B2 – Grupo A Luns de 18:00 a 18:45 h. Xoves de 16:20 a 18:00 h. Aula 6....