Seleccionar página

Quen somos

O IES Lois Peña Novo é:

  • Un centro público dependente da Xunta de Galicia.
  • Aconfesional.
  • Pluralista.
  • Educador na liberdade e para a liberdade.
  • Educador cara á apertura.
  • Formador da persoa: integración, diferenciación, compensación, coeducación.

O noso estilo de ensinanza-aprendizaxe céntrase en:

  • Bilingüismo lingüístico.
  • Metodoloxía crítica, participativa, investigadora, dialogante e colaboradora.
  • Interdisciplinariedade.
  • Aglutinación do contexto – avaliación.

¿Que pretendemos?

O equipo docente do centro propoñémonos a elaboración duns fins ou metas educativas que a sociedade en xeral e o noso entorno en particular nos demandan.

Entre estas finalidades destacamos as seguintes:

  • Acadar o máximo desenvolvemento das capacidades do alumnado.
  • Capacitar ó alumnado para o exercicio dunha actividade profesional e para transición á vida activa.
  • Capacitar academicamente ó alumnado para a incorporación a estudios universitarios.
  • Preparar ó alumnado para participar activamente dun xeito crítico na vida social e cultural.

Para lograr estas finalidades consideramos imprescindible a participación e colaboración dos distintos membros da comunidade educativa, asumindo cada grupo as súas responsabilidades.

Esta colaboración abarcará e caracterizarase por:

  • Participación dos pais.
  • Participación do alumnado.
  • Participación do profesorado.
  • Participación e relación coas empresas.

Propoñemos, tamén, como obxectivo promover iniciativas que favorezan a consolidación de usos lingüísticos en galego avanzando no proceso de normalización lingüística.

¿Cómo nos organizamos?

Recursos humanos:

  • Órganos de goberno: unipersonais e colexiados.
  • Órganos de coordinación docente: departamento de orientación e departamento de actividades complementarias e extraescolares.
  • Outros órganos: comisión de coordinación pedagóxica, coordinación en centros de traballos e o equipo de normalización lingüística.
  • Departamentos didácticos.
  • Titores.
  • Órganos de participación da comunidade escolar: comisión de convivencia, xunta de delegados.

Recurso materiais:

  • Aulas de Informática.
  • Aulas de Xestión Administrativa.
  • Talleres de Electricidade.
  • Aulas técnicas de Electricidade.
  • Talleres de Automoción.
  • Aulas técnica de Automoción.
  • Aula de Usos Múltiples.
  • Taller de informática
  • Aulas para asignaturas comúns.
  • Aula para prácticas de Dependencia
  • Sala de Profesores.
  • Biblioteca.
  • Despachos para cargos directivos e seminarios.