O día 6 de febreiro o alumnado de segundo curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou as instalacións do CPAP de Bergondo (A Coruña), e tamén, o centro educativo e o centro de día de ASPACE (A Coruña).
O Centro de Promoción da Autonomía Persoal (CPAP) é unha Institución pública do Imserso, situado na contorna da Ría de Betanzos no municipio de Bergondo, provincia da Coruña. O CPAP é un centro especializado en formación, capacitación profesional e rehabilitación funcional de persoas con discapacidade física, sensorial e dano cerebral adquirido.
ASPACE é unha entidade formada por: familias, profesionais e entidades especializadas en prestar os servizos e apoios para mellorar a calidade de vida das persoas con parálise cerebral e outras discapacidades afíns mediante a defensa dos seus dereitos, o apoio ás familias, os servizos ás entidades asociadas e a cooperación institucional.