Tamén, o día 7 de febreiro o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, visitou as instalacións de Cafés Candelas SL no Polígono Industrial de O Ceao (Lugo). Realizaron un percorrido ó longo de todo o proceso produtivo e loxístico desta empresa con implantación internacional, líder como torrefactora e provedora de café no sector da hostalaría.
Cafés Candelas, é unha empresa familiar lucense que desde 1973 vén dedicándose ao café en todas as súas variedades, xestiona toda a cadea do proceso produtivo, desde a selección en orixe ata a súa distribución, pasando polo toste e a creación de novos blends.