O día 7 de febreiro o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (1º e 2º) realizou unha visita á Fábrica de la luz (Ponferrada), unha viaxe no tempo para comprender o funcionamento das centrais térmicas, dende as súas orixes ata hoxe en día, e para concluír, participaron nun divertidísimo taller!
La fábrica de la luz. Museo da Enerxía é o espazo de lecer divulgativo e cultural en Ponferrada no que aprender, divertirse e onde a enerxía é sempre protagonista. Situado na antiga central térmica da Mineiro Siderúrxica de Ponferrada (MSP), o museo é ademais un espazo de encontro e participación no que se ofrece unha variada programación de actividades para todos os públicos.