Seleccionar página

proxecto de formación do profesorado de fp (pffp)


Os Proxectos de Formación do Profesorado de Formación Profesional (PFFP) teñen como finalidade dar cobertura formativa ao profesorado de FP con inquedanzas investigadoras e innovadoras para favorecer a inserción laboral do alumnado a través de propostas de mellora dirixidas ao sector produtivo ou á aula, ademais de permitir a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais dos/das docentes para mellorar a calidade da educación, así como as competencias profesionais do alumnado.

No curso 2022-2023 participamos nos seguintes proxectos de formación o profesorado de FP:

  • Diferenciais con vectorización de par.
  • Sistemas avanzados de asistencia á condución.
  • Virtualización de redes e servidores.

No curso 2023-2024 estamos participando nos seguintes proxectos de formación o profesorado de FP:

  • Pila de combustible de hidróxeno.
  • Plataformas de computación na nube.

Máis información sobre os PFFP: https://www.edu.xunta.gal/fp/proxectos-de-formacion