O día 29 de marzo o alumnado de 1º e 2º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, visitou o Centro ocupacional de Vilalba, onde os/as usuarios/as lles fixeron unha visita guiada na que lles explicaron o funcionamento do centro, os diferentes espazos e as tarefas que alí realizan.
O centro ocupacional de Vilalba e un equipamento especializado de estancia diúrna destinado a proporcionar atención integral ás persoas con discapacidade e con necesidades de apoio límite e intermitente, que polas súas características necesitan unha atención persoal para potenciar hábitos da vida diaria, así como actividades capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.
Ten por obxectivo principal proporcionar unha atención habilitadora integral mediante programas de habilitación ocupacional e de axuste persoal e social, buscando o desenrolo da autoestima persoal e de progresos significativos que favorezan a futura integración socio-laboral dos/das usuarios/as do mesmo.
Prestan servizo a persoas adultas con discapacidade intelectual de toda a Terra Chá, sendo o centro de referencia na comarca.