Seleccionar página

O día 29 de marzo o noso departamento de Transporte e mantemento de vehículos, en colaboración coa AGH2, participou nunha charla sobre hidróxeno no colexio San José de Cluny de Vigo.
Foi unha actividade, para nenos e nenas de 10 a 12 anos, no que se lles explicou que é o H2, como se produce e como pode afectar as súas vidas. Tamén se lles mostrou e explicou o funcionamento de tres vehículos, un eléctrico, un híbrido e o noso coche de H2.

A Asociación Galega do Hidróxeno (AGH2) é a entidade que aglutina ás empresas e organismos do sector co obxectivo de desenvolver tecnoloxías sostibles que permitan alcanzar a independencia enerxética de fontes externas, reducir as emisións de CO₂ e descarbonizar a industria.