Seleccionar página

Ábrese o prazo para solicitar prazas de mobilidade para todas aquelas persoas que, atopándose matriculadas no segundo curso dun ciclo superior no período académico 2022-2023, titulen dentro deste mesmo curso e desexen realizar a mobilidade como novo/a titulado/a nos 12 meses posteriores á súa titulación.

Aquelas persoas que teñan interese en acceder a elas poderán presentar instancia na secretaría do centro no prazo que vai dende o día 6 de xuño ata o vindeiro día 20 de xuño.

O impreso de solicitude está dispoñible na secretaría do instituto.

Pódese consultar información sobre criterios de baremación na seguinte ligazón:

https://iespenanovo.com/files/Proceso_KA131.pdf

Pódese consultar información sobre importes das axudas, países etc. no apartado 3.3.2. da seguinte ligazón:

http://sepie.es/doc/convocatoria/2023/HE/informacion_sobre_financiacion_de_proyectos_gestionados_por__sepie_2023.pdf