O día 30 de outubro o alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, visitou as instalacións do Parlamento de Galicia. Nesta saída, tamén realizaron unha visita á Catedral de Santiago de Compostela.
O Parlamento de Galicia é a institución onde reside o poder lexislativo da comunidade autónoma de Galicia. Instaurouse en 1981 e está formado por 75 deputados/das que se elixen mediante sufraxio universal.