Seleccionar página

Os días 9 e 10 de novembro o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial asistiu ás Xornadas de Innovación Aberta e Cocreación organizadas pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, e coa presencia de Quescrem como empresa presentadora do reto.

Durante estas sesións estiveron presentes emprendedores da zona, empresas e estudantes de diversas ramas, destacando as técnicas.

Quescrem é unha empresa láctea galega de base tecnolóxica especializada na fabricación de queixo crema. A gama de produtos Quescrem cobre todas as necesidades do mercado, tanto en variedades e sabores como en formatos específicos para cada canle. Está presente en máis de 40 países.

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela é unha corporación de Dereito Público, cuxa misión principal é a representación e defensa dos intereses económicos xenerais. A Cámara ten, por tanto, un carácter transversal, estando facultadas por lei para realizar aquelas actividades e servizos que sexan necesarios para a representación, promoción e defensa dos intereses xerais do comercio, a industria, os servizos e a navegación das empresas da súa demarcación territorial.