Seleccionar página

O día 4 de decembro, o alumnado do CM Instalacións Eléctricas e Automáticas e o de 2º de FPB en Informática de Oficina e de Mantemento de Vehículos, realizaron unha visita guiada ao Parque eólico experimental de Sotavento.

O Parque Eólico Experimental Sotavento, situado entre os concellos de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña), converteuse nun referente na investigación e divulgación das enerxías renovables, do aforro enerxético e da súa interrelación co medio ambiente. Sotavento realiza actividades en tres áreas interrelacionadas: área de produción de enerxía renovable, área de Investigación e área de educación e formación.