O día 19 de xaneiro, o alumnado de FPB (1º e 2º) asistiu a un obradoiro e a unha sesión expositiva, dentro do programa EduReferentes. Esta actividade tivo como finalidade axudar á orientación vocacional do alumnado, dende idades temperás, a través do coñecemento de referentes empresariais femininos.
O programa educativo EduReferentes impulsado pola Consellería de Cultura,Educación, Formación Profesional e Universidades pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina e fomentar así de forma transversal a igualdade.