O día 22 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos e Redes e o de 2º de FPB en Informática de oficina, visitou as instalacións do CESGA. Nesta saída, tamén realizaron unha visita á Catedral de Santiago de Compostela.
O CESGA é o Centro de Supercomputación de Galicia, fundado en 1993. É un centro de cálculo situado na cidade de Santiago de Compostela. O seu principal labor é proporcionar servizos avanzados de computación á comunidade científica galega, sistema académico universitario e ao Consello Superior de Investigacións Científicas. Dentro das súas principais Áreas de Actividades: HPC, HTC e computación en Grid, almacenamento de datos, comunicacións, e-Learning e ferramentas de colaboración, transferencia de tecnoloxía e e-Business, e Sistema Información Xeográfica.