O día 1 de marzo, 5 alumnos e alumnas de 2º de FPB, asistiron a unha sesión de mentoría individualizada impartida por Isabel Pardo de Vera, Ex-secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España e antiga presidenta de Adif. Esta actividade tivo como finalidade axudar á orientación vocacional do alumnado, e está enmarcada dentro do programa EduReferentes.
O programa educativo EduReferentes impulsado pola Consellería de Cultura,Educación, Formación Profesional e Universidades pretende achegar ás aulas testemuños de mulleres galegas referentes que destacan pola súa traxectoria profesional de éxito en ámbitos con reducida representación feminina e fomentar así de forma transversal a igualdade.