Seleccionar página

O día 22 de maio, o alumnado de 1º curso do Ciclo Medio en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, recibiu a visita de Marina (directora) e dos usuarios e usuarias do centro de día de Abadín, para visualizar a película “Julia” de Jacobo Lagüela, que documenta a extinción e o abandono do rural como o coñecemos a través dos ollos da súa protagonista, unha muller de 87 anos de idade coa esperanza de salvar as súas raíces e de comunicar a importancia das mesmas ás xeracións que están por vir.