Seleccionar página

O día 22 de abril, o alumnado da ESA IV, asistiu a unha conferencia titulada «Sé intelixente cos teus cartos», dentro do programa Eduemprende en colaboración coa Fundación Galicia Obra social de Abanca. Nesta actividade abordáronse os retos que marcan a evolución da economía mundial, facendo fincapé na necesidade de mellorar o nivel de coñecementos das finanzas persoais no eido da alfabetización financeira.