Dende a biblioteca do instituto, estase a realizar a votación para poñerlle nome á biblioteca do noso centro.
Solicítase a toda a comunidade educativa que vote por algunha das candidatas propostas dende o Instituto de Estudos Chairegos, dúas mulleres que traballaron e promoveron o ámbito educativo na Terra Chá de diferentes maneiras.
Animádevos a ler sobre elas na ligazón que aquí atoparedes e a emitir o voso voto e o do voso alumnado. O prazo remata o 12 de novembro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/iesloispenanovo/aulavirtual/mod/choice/view.php?id=35582