No IES Lois Peña Novo aplicamos a normativa vixente en materia de protección de datos, co obxectivo de garantir os dereitos do alumnado e das súas familias no uso de imaxes e información persoal.
Consentimento e publicación de imaxes
Cada curso escolar solicitamos ás familias ou ao propio alumnado (se ten 14 anos ou máis) o consentimento para empregar imaxes nas diferentes canles institucionais do centro: web, redes sociais, vídeos promocionais, memorias de actividades, etc.
Este consentimento é sempre voluntario, informado e específico, e pode retirarse en calquera momento mediante o formulario dispoñible no centro. A regulación e os modelos de autorización actualízanse conforme ás directrices da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e o marco normativo vixente.
As persoas que non autoricen expresamente o uso da súa imaxe quedan excluídas de calquera publicación nas que poidan ser identificadas.
Duración da publicación
As imaxes nas que aparece alumnado só se manteñen publicadas mentres a persoa estea matriculada no centro e exista consentimento válido.
Unha vez rematada a súa etapa no IES, ou se se revoga o consentimento, procedemos á retirada ou substitución da imaxe.
Este criterio responde ao principio de minimización e limitación temporal no tratamento dos datos, recollido no Regulamento xeral de protección de datos (RGPD).
Procedemento en entradas antigas
As publicacións informativas do centro non se eliminan, mais si retiramos ou substituímos as imaxes cando caduca o consentimento.
Neses casos, engadimos unha nota aclaratoria indicando que a imaxe foi retirada por motivos de protección de datos. O obxectivo é manter a memoria de actividades sen comprometer os dereitos das persoas xa desvinculadas do centro.
Exercicio de dereitos
O alumnado e as súas familias poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento e oposición, así como retirar o consentimento, en calquera momento.
Poden facelo:
- Presentando a solicitude no propio centro.
Máis información na páxina oficial de protección de datos da Xunta de Galicia.
Compromiso do centro
O IES Lois Pena Novo mantén un rexistro interno actualizado sobre:
- situación dos consentimentos asinados,
- e aplicamos os criterios recollidos nas preguntas frecuentes sobre protección de datos en centros educativos públicos, co asesoramento da persoa Delegada de Protección de Datos da Consellería.
Actuamos sempre con responsabilidade, transparencia e sentido educativo, priorizando o interese superior do alumnado.