Todas as persoas que fixeron a preinscrición para o programa CUALE Nivel B1 e B2 foron admitidas.
Poden pasar a formalizar a matrícula pola secretaría do centro dende o día 4 de setembro ata o 12 de setembro.
No caso de que o/a alumno/a sexa menor de idade, deberá acudir acompañado/a dun adulto (pai, nai ou titor/a legal) para completar o proceso.
CUALE NIVEL B1
- Grupo A: Mércores de 15:30 a 16:20h e xoves de 16:20 a 17:10h
- Grupo B: Xoves de 18:00 a 19:30h
A elección de grupo farase por estrita orde de chegada da matrícula, estando as preferencias suxeitas ao número de prazas dispoñibles en cada grupo.
Lembrámoslle ademais que a presentación do Programa CUALE Nivel B1 terá lugar o mércores 24 de setembro ás 16:30h na biblioteca do centro.
O inicio das clases será o:
- 1 de outubro para o Grupo A
- 2 de outubro para o Grupo B
CUALE NIVEL B2
- Grupo A: Mércores de 16:20 a 18:00h
- Grupo B: Xoves de 18:15 a 19:55h
A elección de grupo farase por estrita orde de chegada da matrícula, estando as preferencias suxeitas ao número de prazas dispoñibles en cada grupo.
Lembrámoslle ademais que a presentación do Programa CUALE Nivel B2 terá lugar o mércores 24 de setembro ás 17:30h na biblioteca do centro.
O inicio das clases será o:
- 1 de outubro para o Grupo A
- 2 de outubro para o Grupo B
Máis información: 982 870 866 ou ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal
Este curso non se impartirá o CUALE Nivel A2.