Seleccionar página

CASTELÁN E GALEGO

Ensinanzas non regradas

No noso centro ofértanse os cursos de castelán e galego para persoas inmigrantes, no marco da ensinanza básica non regrada. O seu obxectivo é favorecer a integración lingüística e social do alumnado recentemente incorporado ao sistema educativo galego.

A programación destas ensinanzas baséase nos niveis e criterios do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) e orienta a aprendizaxe cara ao desenvolvemento das competencias comunicativas básicas necesarias para a vida cotiá, académica e laboral.