Seleccionar página

O pasado 29 de outubro, o alumnado dos Ciclos Medios en Electromecánica de Vehículos Automóbiles (EVA) e Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA), así como do Ciclo Superior en Mecatrónica Industrial, visitou o 8º Campionato Galego de Formación Profesional – GaliciaSkills 2025, celebrado no recinto da Feira Internacional Abanca de Silleda.

Durante a visita, o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de preto as probas prácticas, nas que estudantes de toda Galicia puxeron a proba as súas destrezas en diferentes ámbitos profesionais, así como de achegarse á realidade da FP galega.

GaliciaSkills é o campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes deben demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas.