Seleccionar página

O día 20 de novembro, o alumnado de ESPA, Bacharelato e dalgúns CF participou no recital multilingüe «A Cabeleira», organizado polo Departamento de Lingua Castelá e Literatura.

A actividade tivo como obxectivo promover o achegamento á creación literaria e á tradución entre linguas, favorecendo o respecto polas diferentes identidades lingüísticas.

O recital contou coa participación e coloquio co autor do poema e director da Cátedra Valente, Claudio Rodríguez Fer. Durante a sesión leuse a súa obra «A Cabeleira» en diversas linguas, entre elas galego, castelán, italiano, portugués, valenciano e inglés.

O poema conta cun amplo percorrido internacional desde a súa primeira publicación en 1985. Foi traducido a múltiples linguas, como ruso, bretón, francés e inglés, e incluíuse en antoloxías e edicións políglotas que chegaron a reunir versións en máis de sesenta idiomas. Ademais, forma parte de varias compilacións poéticas do autor, o que reflicte a relevancia e proxección dunha obra que continúa a inspirar recitais e encontros literarios en Galicia e no exterior.