No marco das actividades ofrecidas aos centros polo Concello de Vilalba con motivo da conmemoración do 25N, o pasado 3 de decembro, o alumnado de 2º do CM en Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) e o de 1º do CM en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nun obradoiro educativo titulado «Masculinidades igualitarias».
As sesións desenvolvéronse na Biblioteca (grupo de 2º CM IEA) e na Aula 7 (grupo de 1º APSD), e foron impartidas por un educador externo.
A finalidade destes obradoiros foi promover a reflexión arredor das masculinidades e fomentar relacións baseadas no respecto e na igualdade. Enmarcadas na campaña municipal de sensibilización polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, as actividades combinaron metodoloxías participativas e vivenciais, adaptadas á idade do alumnado, centradas na análise dos roles de xénero e na promoción das masculinidades igualitarias.


