Esta semana deu comezo a Liga Lois Peña Novo, unha iniciativa pensada para fortalecer a convivencia e o traballo en equipo entre o noso alumnado.
Con grande entusiasmo, as persoas participantes sumáronse a catro emocionantes disciplinas —fútbol 5×5, brilé, tenis de mesa e UNO— que prometen semanas cheas de enerxía e diversión.




