Seleccionar página

O 11 de decembro de 2025, o alumnado do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) participou nunha charla-obradoiro impartida pola entidade Movilidad Humana, organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais (SSC).

Durante a sesión presentouse o traballo que desenvolve esta entidade, que agrupa asociacións de mulleres migradas e centra a súa actividade na defensa dos dereitos, na facilitación dos procesos de regularización e no recoñecemento da protección laboral.

A actividade incluíu un obradoiro de achegamento ao concepto de migración e á situación na que se atopan as persoas migrantes, abordando aspectos como os seus ámbitos laborais, a importancia dos coidados e o papel das redes persoais e profesionais neste sector profesional.