Seleccionar página

O 12 de xaneiro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizou unha saída a Lugo para visitar os recursos de ASPNAIS e ADACE.

Durante a xornada, as alumnas coñeceron o funcionamento destes servizos e as diferentes actividades que se desenvolven en cada un deles. ASPNAIS é unha entidade de persoas con discapacidade que traballa pola inclusión social nos ámbitos educativo, social e laboral. Pola súa banda, ADACE é unha asociación formada por familiares de persoas afectadas por dano cerebral sobrevido, centrada no apoio, a atención e a orientación ás persoas usuarias e ás súas familias.

A visita permitiu achegar ao alumnado á realidade profesional do sector e aos distintos modelos de intervención no ámbito da discapacidade e da dependencia.