O pasado venres 16 de xaneiro de 2026, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas (AF) participou nunha sesión formativa impartida por María Bermúdez, da Casa Grande Xanceda, organizada polo Departamento de Orientación.
A actividade enmárcase no proxecto «Dá o paso, emprendemento no rural», incluído no programa de responsabilidade social e compromiso co medio rural. Durante a sesión abordáronse competencias emprendedoras e realizouse unha análise das posibilidades de emprendemento no entorno rural, afondando en iniciativas actuais como Efereo, Naturavia ou Orballo.
A formación permitiu achegar ao alumnado exemplos reais de empresas ligadas a sectores produtivos do ámbito rural, destacando o valor do territorio como espazo de oportunidade para proxectos emprendedores.



