O 5 de febreiro de 2026, as alumnas de 1º e 2º do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (APSD) realizaron unha visita ao Centro Ocupacional de Vilalba, organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
O Centro Ocupacional de Vilalba é un equipamento especializado de estancia diúrna destinado a proporcionar atención integral a persoas con discapacidade, a través dunha atención persoal orientada a potenciar hábitos da vida diaria, así como actividades capacitadoras e terapéuticas de formación ocupacional e de desenvolvemento de habilidades persoais e sociais.
Durante a visita, as alumnas puideron coñecer as instalacións do centro e achegarse á súa metodoloxía de traballo, completando a súa formación con exemplos reais de intervención profesional no ámbito da dependencia.



