O 3 de marzo de 2026, o alumnado de 1º e 2º de FP Básica en Mantemento de Vehículos (MV) e de 1º do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles (EVA) realizou unha saída formativa a Asturias, combinando a visita ao Museo e Circuito Fernando Alonso (Llanera) e ao Museo da Minería e da Industria de Asturias (MUMI), en El Entrego.
No Museo Fernando Alonso, o alumnado puido coñecer unha ampla colección de vehículos, karts, cascos e trofeos vinculados á traxectoria deportiva do piloto, así como observar a evolución tecnolóxica do automovilismo ao longo das distintas categorías e etapas competitivas.
A xornada completouse coa visita ao MUMI, un espazo dedicado á historia da minería nas Cuencas asturianas desde o século XVIII, á evolución do carbón e ao impacto da Revolución Industrial. O museo permitiu analizar maquinaria histórica, procesos industriais e avances tecnolóxicos relacionados coa extracción mineira, incluíndo a experiencia dun simulador de mina subterránea, que achegou ao alumnado á realidade do traballo mineiro.



