Seleccionar página

O 26 de marzo de 2026, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA) participou nunha visita a Enerxétika 2026, foro profesional centrado no presente e no futuro do sector enerxético.

Enerxétika constitúe un espazo de encontro entre empresas, profesionais e entidades vinculadas á enerxía, converténdose nun certame de referencia para analizar a transformación que está a experimentar o sector. A cita permite coñecer de primeira man as innovacións tecnolóxicas, os novos modelos de xestión e os retos asociados ao cambio de paradigma enerxético.

A visita completouse coa presenza paralela de ExpoMunicipal, o que facilitou tamén o contacto co ámbito dos servizos municipais e a súa relación co desenvolvemento enerxético.

A actividade permitiu ao alumnado achegarse a contornos profesionais reais e coñecer as tendencias actuais nun sector chave para a súa futura inserción laboral.