Seleccionar página

O noso alumno Paul, de 2º curso do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA), está a realizar actualmente a súa experiencia de prácticas Erasmus+ en Wroclaw (Breslavia Polonia 🇵🇱).

Desde o 4 de marzo, está a desenvolver a súa formación nun contorno internacional, onde ten a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos durante o ciclo e coñecer novas metodoloxías de traballo no sector eléctrico.

Esta mobilidade forma parte do compromiso do noso centro coa internacionalización da Formación Profesional e coa promoción de experiencias formativas que permitan ao alumnado ampliar horizontes profesionais e persoais.