Seleccionar página

Entre os días 4 e 8 de maio de 2026, as profesoras Cristina e Rosa, do noso Departamento de Electricidade, participaron nunha mobilidade Erasmus+ para profesorado en Cerdeña (República Italiana), enmarcada no proxecto Erasmus+ KA121-VET do noso centro.

A estadía desenvolveuse en colaboración con AICS FP Sardegna, onde foron recibidas polo equipo do centro e mantiveron encontros con responsables da organización para coñecer a súa estrutura, os seus espazos formativos e diferentes propostas vinculadas á Formación Profesional.

Ao longo da semana visitaron tamén diversas empresas relacionadas co ámbito eléctrico, industrial e técnico. Entre os contidos abordados estiveron as solucións para cadros eléctricos, os sistemas de control, a automatización de instalacións industriais, os sistemas eléctricos aplicados a accesos automatizados e o mantemento de motores mariños.

A mobilidade completouse con reunións de seguimento co equipo Erasmus de AICS FP Sardegna e coa entrega dos certificados de participación.

Esta experiencia permitiu coñecer de primeira man outros contextos educativos e profesionais, intercambiar metodoloxías de traballo e achegar novas perspectivas vinculadas ao sector eléctrico, á automatización e á formación profesional.