O 18 de maio de 2026, ás 16:45h, a biblioteca do centro recibiu a visita de Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo, docentes e autores de publicacións centradas na intelixencia artificial e na súa aplicación no ámbito educativo.
O encontro serviu para achegarse á IA desde unha perspectiva clara, práctica e próxima. Fina Paulos e Óscar Rey falaron do seu traballo como docentes, da súa experiencia incorporando estas ferramentas á aula e da necesidade de utilizar a tecnoloxía con criterio, espírito crítico e responsabilidade.
A conversa permitiu reflexionar sobre un tema cada vez máis presente no día a día: que pode achegar a IA á educación, que riscos debemos ter en conta e como podemos formar alumnado capaz de usala sen deixarse usar por ela.
Durante a sesión tamén presentaron as súas publicacións sobre intelixencia artificial, entre elas Intelixencia Artificial para a sociedade, editada por Medulia Editorial, e Inteligencia Artificial en el aula, centrada nas posibilidades desta tecnoloxía na práctica docente.


