O venres 19 de xuño foi un día moi especial no noso IES: celebramos no patio do centro a graduación do alumnado que remata os seus anos aquí.

Foi un acto cheo de emocións, de lembranzas e tamén dalgunha bágoa que ninguén tiña prevista. Deses momentos nos que un mira cara atrás e se dá conta de todo o que pasou neste tempo.

É unha honra ter acompañado ao noso alumnado estes anos. Grazas por formar parte do IES Lois Peña Novo e por deixar pegada aquí.

Parabéns, graduadas e graduados! 🎓 Boa sorte no que vén!!!