O venres 15 de maio de 2026, a biblioteca do IES Lois Peña Novo acolleu unha actividade con motivo da celebración do Día das Letras Galegas.
Durante a sesión, o alumnado asistiu ao visionado dun pequeno documental sobre Begoña Caamaño e, posteriormente, participou en diferentes propostas relacionadas coa autora e coa conmemoración desta data.
A actividade permitiu achegarse á súa figura e reforzar a presenza da lingua e da cultura galegas na vida do centro.



