Despois de tres meses en Wrocław (Breslavia - Polonia 🇵🇱), o alumno Paul, de 2º do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas (IEA), rematou a súa experiencia de prácticas Erasmus+.

Durante a súa estadía tivo a oportunidade de mellorar a súa competencia lingüística en inglés, desenvolver novas habilidades profesionais e aplicar os coñecementos adquiridos no ciclo nun contorno real de traballo vinculado ao sector eléctrico.

A experiencia permitiulle tamén coñecer outros lugares de Polonia, como Gdańsk e Cracovia, ampliando así a dimensión persoal e cultural da mobilidade.

Esta participación forma parte do compromiso do IES Lois Peña Novo coa internacionalización da Formación Profesional e coa promoción de experiencias que contribúen ao crecemento académico, profesional e persoal do alumnado.