O alumnado de 1.º curso de ciclos formativos que promocione a 2.º curso deberá formalizar a matrícula para o curso 2026-2027.
Prazo de matrícula
O prazo para matricularse en 2.º curso remata o: 30 de xuño de 2026.
Como a entrega de notas será o xoves 25 de xuño, recoméndase que o alumnado cubra ese mesmo día o sobre de matrícula e o entregue na secretaría do centro.
Alumnado que promociona a 2.º curso
O alumnado que promocione de 1.º a 2.º deberá:
- Recoller ou cubrir o sobre de matrícula.
- Revisar que todos os datos estean correctamente cubertos.
- Entregar a documentación na secretaría do centro dentro do prazo establecido.
Recoméndase realizar este trámite o mesmo día da entrega de notas para evitar incidencias de última hora.
Alumnado que repite 1.º curso
O alumnado que repita 1.º curso deberá realizar a solicitude a través do aplicativo web da Consellería:
https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision
É importante facer este trámite dentro do prazo correspondente para poder matricularse de novo en 1.º curso.
Alumnado menor de idade
As solicitudes de matrícula do alumnado menor de idade deberán estar asinadas tamén polos seus responsables legais.
Dúbidas ou consultas
- Teléfono 982 87 08 60
- Whatsapp 633 14 94 02
- Correo electrónico ies.lois.pena.novo@edu.xunta.gal


