O día 10 de xullo a Consellería de Educación, Ciencia, Universidade e Formación Profesional publicará a resolución definitiva de solicitudes para FP, así como a 1ª Adxudicación de prazas, que se poderán consultar no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/PaxinaInicio.do

O prazo para formalizar a matrícula no Ciclo FP adxudicado será do 10 ao 15 de xullo ás 13:00 horas.

Para a formalización da matrícula será necesaria a entrega da seguinte documentación na secretaría do centro:

  • Datos de identificación do/a alumno/a.
    • DOI (DNI, NIE ou pasaporte).
    • En caso de alumnado menor de idade deberase achegar:
      • DOI dos responsables.
      • Libro de familia ou certificado de nacemento.
      • Sentenza ou convenio regulador (no caso de garda ou custodia non compartida).
  • Dúas fotografías carné.
  • Certificación académica.
  • Pago da taxa do seguro escolar (poderase aboar na conserxería do centro).
  • Sobre de matrícula cuberto (dispoñible no centro educativo).
    • De existir sentenza de separación con patria potestade compartida, a documentación deberá ser asinada por ambos responsables.
    • En caso de que unha das partes autorice á outra a asinar no seu nome o sobre de matrícula, deberase acreditar tal autorización achegando un documento de autorización onde conste o motivo da autorización (nome e DOI do menor e ensinanza na que se matricula, os nomes, DNI e sinaturas de ambos responsables coa data correspondente, xunto coa copia do DNI da persoa que autoriza).
    • En caso de imposibilidade de contactar con algunha das persoas responsables do menor, poderase solicitar no xulgado un Expediente de xurisdición voluntaria e achegalo á matrícula.