BACHARELATO SEMIPRESENCIAL, PROCESO DE MATRÍCULA

PRAZOS

Os prazos para realizar a matrícula de Bacharelato semipresencial son os seguintes:

- Solicitude de matrícula ordinaria: 2 ao 21 de setembro

- Solicitude de matrícula simultánea para alumnado de FP: 8 ao 11 setembro

DOCUMENTACIÓN

Será preciso presentar a seguinte documentación na secretaría do IES Lois Peña Novo:

Todo o alumnado

  • Sobre de matrícula e documentación anexa (dispoñible en conserxería)
  • ⁠⁠Certificación académica de Bacharelato (en caso de telo cursado previamente)

Alumnado sen matrícula en FP

  • Certificación académica de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente
  • ⁠2 fotografías carné
  • ⁠Documento oficial de identidade (DNI, NIE ou Pasaporte)
  • ⁠Pago da taxa do seguro escolar para menores de 28 anos (1,12€)

En caso de alumnado menor de idade deberase achegar ademais:

  • DOI dos responsables.
  • Libro de familia ou certificado de nacemento.
  • Sentenza ou convenio regulador (no caso de garda ou custodia non compartida).
  • Sobre de matrícula, en caso de separación ou divorcio (3 posibilidades)
  • De existir sentenza de separación con patria potestade compartida, a documentación deberá ser asinada por ambos responsables.
  • En caso de que unha das partes autorice á outra a asinar no seu nome o sobre de matrícula, deberase acreditar tal autorización achegando un documento de autorización onde conste o motivo da autorización (nome e DOI do menor e ensinanza na que se matricula, os nomes, DNI e sinaturas de ambos responsables coa data correspondente, xunto coa copia do DNI da persoa que autoriza).
  • En caso de imposibilidade de contactar con algunha das persoas responsables do menor, poderase solicitar no xulgado un Expediente de xurisdición voluntaria e achegalo á matrícula.