O 17 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º de Administración e Finanzas (AF) e de 2º de Asistencia á Dirección visitou as instalacións da Casa Grande de Xanceda, no concello de Mesía (A Coruña).
Durante a visita, o noso alumnado coñeceu o funcionamento desta granxa ecolóxica dedicada á produción de derivados lácteos, así como as distintas fases do seu proceso produtivo.
A actividade, organizada polo Departamento de Administración, permitiu coñecer de preto o funcionamento dunha empresa e relacionar os contidos traballados na aula coa súa actividade produtiva.

Casa Grande de Xanceda é unha empresa familiar situada no concello de Mesía (A Coruña), dedicada á gandaría ecolóxica e á elaboración de produtos lácteos, principalmente iogures e queixos. A granxa conta con máis de 200 hectáreas de prados e bosques e ofrece visitas guiadas nas que se pode coñecer o coidado dos animais e o proceso de elaboración dos seus produtos.
