O 16 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º dos ciclos de Sistemas Microinformáticos e Redes (SMR) e Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) asistiu na biblioteca do centro a unha charla sobre protección de datos persoais e a Lei de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE).
Durante a sesión abordáronse a protección dos datos persoais en Internet e as obrigas legais das empresas e das persoas usuarias dos servizos dixitais, con especial atención ao comercio electrónico e ás redes sociais.
A actividade foi organizada polo Departamento de Informática.
