O 12 de novembro de 2026, o alumnado de 1º do Ciclo Superior de Administración e Finanzas asistiu na aula 6 a unha charla sobre educación cívico-tributaria.
Durante a sesión abordouse a importancia dos impostos no financiamento dos servizos públicos, a responsabilidade fiscal da cidadanía e a prevención das condutas fraudulentas.
A actividade foi organizada polo Departamento de Administración.
