Saltar ao contido

O 5 de novembro de 2026, o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR) participou de forma telemática no VI Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, seguindo as xornadas desde a biblioteca do noso centro.

O encontro, celebrado do 4 ao 6 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, reuniu especialistas, empresas e institucións para abordar cuestións relacionadas coa seguridade dixital, a protección dos sistemas informáticos e os novos retos da ciberseguridade.

A actividade, organizada polo Departamento de Informática, permitiu ao alumnado achegarse á actualidade dun sector directamente relacionado coa súa formación.

Máis información: VI Encontro CIBER.gal 2026.