Os días 18 e 19 de novembro de 2026, con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, realizamos na biblioteca do centro a actividade «Palabras que doen, palabras que coidan».
O alumnado dos grupos participantes elaborou tarxetas con expresións que reflicten situacións de control, manipulación, desigualdade ou falta de respecto nas relacións persoais. Despois, reformulou esas mesmas expresións para transmitir mensaxes baseadas no respecto, na liberdade e na igualdade.
As tarxetas elaboradas formarán parte dun panel colectivo que se expoñerá no centro con motivo do 25N.
A actividade foi organizada pola Comisión de Igualdade, coa colaboración da Biblioteca Escolar.

