Seleccionar página

O día 17 de xaneiro, o coordinador e o alumnado do noso Equipo InnovaTech, composto por 4 alumnos/as dos CS en ASIR e en AF, acudiu a Lugo para asistir a unha xornada de formación en técnicas de Design Thinking que permitiu, aos participantes, adquirir ferramentas e coñecementos para a resolución dos retos propostos, aportando innovación en produtos, servizos e modelos de negocio.

O programa InnovaTech FP ten como obxectivo principal impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional. Para logralo, o alumnado de Formación Profesional enfrontarase á resolución de 10 retos tecnolóxicos expostos por empresas, cuxas solucións deberán xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural. O alumnado participante afrontará os retos propostos traballando en equipos multidisciplinares e que conten cunha distribución equitativa de xénero entre os seus membros. Deste xeito preténdese integrar perfís profesionais complementarios, á vez que se se promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.